PROGRAMA DE FISICOQUÍMICA

 

1º Curso. Enxeñería Técnica Industrial. Especialidade Química Industrial

 

Profesores       Ana María Graña Rodríguez e José Manuel Hermida Ramón

 

FORMA DE DESENVOLVE-LA DOCENCIA

 

A materia Fisicoquímica ten 4.5 créditos teóricos que se impartirán os martes de 9 a 11 horas e os xoves de 10 a 11h no segundo cuadrimestre.

As clases prácticas se impartirán os luns de 10 a 12h e os martes de 18:30 a 20:30 h.

A asistencia ás clases teóricas e as clases prácticas de seminario é moi recomendable aínda que non é obrigatoria e non se terá en conta na cualificación. A asistencia as clases prácticas con ordenador é obligatoria para tódolos alumnos.

 

CUALIFICACIÓN

 

A cualificación obteráse a partires de un exame de problemas e cuestións teóricas. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota de 5 neste exame e ter realizado as prácticas que se estimen obrigatorias.

É necesario acudir o exame con documentación que permita a identificación.

 

TITORÍAS

 

As titorías do segundo cuadrimestre realizaranse os xoves de 9 a 10h (Ana M. Graña) e os martes de 16:30 a 17:30 (Jose M. Hermida) no despacho 302 da EUETI e os mércores de 10:00 a 13:00h no despacho 10 da 3º andar da Facultade Química (Ana M. Graña) e os martes de 10:00 a 12:00 (Jose M. Hermida) no despacho 23 do 2º andar da Facultade de Química.

 

TEMARIO

           

TEMA 1                PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA

Principio de conservación da enerxía. Función de estado e integral de liña. Traballo P-V. Calor. A enerxía interna e o primeiro principio. Entalpía. Capacidades caloríficas. Gases ideais e primeiro principio.

TEMA 2                SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA

Entropía e segundo principio. Cálculo de diferencias de entropía. Entropía, reversibilidade e irreversibilidade. Entropía e equilibrio. Terceiro principio da termodinámica.

  TEMA 3              FUNCIÓNS TERMODINÁMICAS

As funcións de Gibbs e Helmholtz. Ecuacións de Gibbs. Relación de reciprocidade de Euler. Relaciones de Maxwell. Cálculo de cambios nas funcións de estado. Magnitudes molares parciais. Potencial químico.

  TEMA 4              EQUILIBRO DE FASES EN SISTEMAS DUN COMPOÑENTE

Condicións de equilibrio entre fases. A regra das fases.  As ecuacións de Clapeyron e Clausius-Clapeyron.

  TEMA 5              TERMODINÁMICA DAS DISOLUCIÓNS IDEAIS

Potencial  químico dun gas ideal. Potencial químico dunha mestura de gases ideais. Disolucións ideais. Presión de vapor. A ecuación de Gibbs-Duhem. Disolucións diluídas ideais. Solubilidade de gases en líquidos. Propiedades coligativas.

 

 TEMA 6               TERMODINÁMICA DAS DISOLUCIÓNS REAIS

Desviacións da lei de Raoult. Actividade e coeficiente de actividade. Determinación de actividades e coeficientes de actividade..

  TEMA 7              DISOLUCIÓNS DE ELECTRÓLITOS 

Potencial químico en disolucións de electrólitos e o seu coeficiente de actividade. Teoría de Debye-Hückel. Termodinámica do ión solvatado.

  TEMA 8              EQUILIBRIO QUÍMICO

Equilibrio químico e grado de avance dunha reacción. Equilibrio químico en gases ideais. Variación da constante de equilibrio cá temperatura. Principio de Le Chatelier. Equilibrio químico en disolucións reais. Equilibrio químico en disolucións de electrólitos.

TEMA 9                QUÍMICA DE SUPERFICIES   

A interfase. Tensión superficial. Ecuación de Young-Laplace. Adsorción. Isotermas de adsorción.

TEMA 10              SISTEMAS ELECTROQUÍMICOS

Sistemas electroquímicos. Pilas galvánicas. Electrodos reversibles. Potenciais normales de electrodo. Aplicacións das medidas de forza electromotriz.

TEMA 11              CINÉTICA QUÍMICA

Velocidade de reacción. Integración de ecuacións cinéticas. Influencia da temperatura nas constantes de velocidade. Estudio cinético de reaccións complexas. Métodos experimentais. Efecto da temperatura.

 

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA                                      

 

I. N. Levine, Fisicoquímica, McGraw-Hill.(1996).

P. W. Atkins. Physical Chemistry. Oxford University Press  (1998).

P. W. Atkins.  The elements of Physical Chemistry. 3rd Ed. Oxford University Press (2001).

J. A. Rodríguez Renuncio, Juan J. Ruiz Sánchez, José S. Urieta Navarro. Termodinámica química. 2ª Ed, Síntesis. (2000)

S. R. Logan. Fundamentos de cinética química. Addison-Wesley (2000).